Estou ata o carallo desta televisión...
Pois si, xa non sei que poñer. A ver. A Telecinco, si esta pon algunha peli boa a ver..deixa que..nada, os de sempre poñendo a parir a os outros de sempre. Antena 3, debate sobre si fulanita lle puxo os cornos a menganito que á súa vez estaba liado con citanita. A primeira tamén do mesmo, e por si fora pouco “Cine de Barrio”. A Telegaita con Gayoso e os gaiteiros de sempre, cantano “Apagha o candil”, con Boney M. e “Los del Rio”.
Cando eu era rapaz, só tiñamos unha. Si. Era “A tele”, o primeiro canal de Televisión Española. Non había problemas para pelexarse polo que querías ver. Tampouco te pelexabas polo mando porque tampouco había mando. (E iso que eu sempre oín dicir que cando vivía Franco “si que había mando”). O que si había era un “estabilizador”, especie de caixa gir con un interruptor que se puña vermello si estaba encendido. Este era necesario debido a que a corrente eléctrica chegaba de xeito pouco estable. En palabras dos vellos: “ou había un ronquiño ou viña un golpe de Fenosa. (Éranche uns anos de “golpes” aqueles 80). E así ibamos tirando, con “300 millones”, “Un, dos, tres, responda otra vez”, “Heidi”, “Marco” e “Mázinger Z” (o mellorciño da tele).
E diredes, “joder, este vai de progre dos anos 70, pero si nos
Pero centrémonos no tema a tratar. A TV. Si. Por aquelas viamos a Kiko Ledgard ou posteriormente a Mayra Gomez Kemp (que nomes, que apelidos, por Deus. Agora os presentadores chámanse Alonso Caparrós, Liborio García ou Juan Imedio), en “Un, dos, tres”. As aventuras de un heroi local que roubaba ós ricos para darllo ós pobres: “Curro Jiménez”. E que dicir dos dibuxos xaponeses, eses que hoxe botan 15 dias para rematar unha pelexa?. Daquela as misións eran chegar e encher, como se soe dicir. Ahí saía o Koyi Kabuto co Mazinger e poñía ós malos a andar, xunto con Afrodita A, non nos esquezamos (o papel da muller sempre destacado, por certo, vaia par de “misiles”). Pero todo na mesma tarde. Igual que o “Equipo A”, o “Halcón callejero” ou por suposto “El coche fantástico”.
Catrocentas misións nun día e sin morrer ninguén a pesar das tremendas “balaseras” que se armaban. Pero bueno, despois desta parte simpática hay que dicir que a tele era “cultura”. Había debates, había entrevistas á xente...¿Canto hai que non vedes entrevistar a alguén por algo que fixo?. E que dicir da ternura de “Verano Azul”. Por Deus, cantas bágoas pola morte de Chanquete. E ano tras ano o tio morrendo e a dichosa pintora arengando a aquela pandilla de adolescentes pirados (nós non eramos así, aqueles rapaciños seguro que coñecían o LSD, e ainda por riba o “rubito” agora é policia...ver para crer).
Así foi como, pouco a pouco, a tele foi evolucionando cada vez a peor. Cada vez máis programas “varieté”, que só saben regodearse na vida privada de catro famosillos de merda. Famosos que, por certo, obteñen pingües beneficios por este feito.
Pero o punto de inflexión, o momento da morte da TV ocorre para min co nacemento de “Gran Hermano” (e de tódalas secuelas televisivas de tan deleznable programa). Resulta que todo comeza como unha experiencia distinta. A TV ó servizo do voyeurismo máis patético. Pero vemos, despois de 5 ou 6 edicións, que toda esa caterva de impresentables que aparecen no programa son agora documentados contertulios de calquera mesa de “dewater”. Pero vamos a ver...¿con qué dereito saen falando de que se respecte a súa intimidade 20 ou 30 gilipollas (con tódalas letras), que se adicaron a pasearse diante dunha cámara 24 horas seguidas para ver si gañaban 20 kilos?. Non os soporto. Ademáis cada vez quédame máis claro o criterio de selección dos concursantes: os máis descerebrados, os máis imbéciles e as tías máis salidas que se poida. Ah?, se hai un violento, un gay e unha lesbiana, mellor que mellor...todo vale para alimentá-lo morbo da xente que, lamentablemente ¡¡PEDIMOS ESA TELEVISIÓN!!.
Porque si, señores, a TV ofrece o que lle pedimos. Si o poñen está claro que é porque nos gusta. É a base da guerra de audiencias. Por si fora pouco, a nova variedade de concurso é aquela que mete a dez famosillos vidos a menos ou medio mortos de fame nun concurso con outros dez “frikis” a sacarse os ollos por outros 20 kilos. Deusss...¡QUE MERDA DE TELE! (tiña que dicilo). Esperemos que isto cambie algún día, ainda que o vexo seriamente difícil. Estou convencio de que si nos ofreceran outra cousa, estaríamos disposta a vela. Ó paso que vamos, senón, chegará o 2025 e haberá máis xente de Gran Hermano que da Facultade de Periodismo. Pois nada, a pechá-las facultades.
Novembro 2004.
No hay comentarios:
Publicar un comentario