
¡QUE NO ME GUSTA EL ESCENARIO...Y ANDANDO!
¡Que no, que no, que no canto y no canto y no me toquéis los...no hombre, en menudos escenarios he actuado yo...que soy una estrella...habrase visto tamaña insolencia!. Estaría bueno. Aquí el estrella que tiene millones de “elepés” vendidos. Que ha salido en todas las cadenas iberoamericanas, y en los programas más importantes del mundo mundial, incluidos “300 millones” y “Gente Joven” en su sección de “Canción ligera”. Al intérprete más famoso del “Himno a la alegría”. ¿A mí me vais a poner en ese escenariucho de tres al cuarto sin resguardo de las inclemencias del tiempo?. No hombre, no...yo no mandé a mis “pipas” a luchar contra los elementos. ¡Y que no se me pongan farrucos los lugareños!. Hala, vengan esos euros y a Madrid, que ya estoy de montañas hasta los mismísimos. Y si no me dejan salir, que manden a
Supoño que esto podería ser un pequeño esbozo do que se lle pasou pola cabeza o bon de Miguel Ríos, despois da frustrada “Lampaza’s Experience”. (Especie de performance integrada no marco de ese Woodstock galego chamado “Summer Festival Party III ou IV, xa non sei...). Que o señor Rivers se pasou tres pobos non sería unha expresión adecuada ó caso, dado que se te pasas de Lampazas, caes a plomo. Mellor dito, estivo a punto de quedarse tres pobos antes, habida conta de que xa tiña ó parecer, 44.000 euros de vellón nas súas arcas, co cal xa se podía permití-lo luxo de negarse a actuar. Así o fixo, con grave risco para a súa saude, ignorante do animaliños que podemos ser por estas zonas. Eu, si vos son totalmente franco, non podo negar que deixei sair libremente a miña risa sarcástica (de todos é sabido que o evento lampaceiro non é plato do meu agrado). Por outra banda, quedou demostrado que, ás veces, os cartos non o poden todo. O todopoderoso Grupo Veiga viu como os caprichos de un cantante subido á parra, foron quen de deixalo en evidencia. Bueno, en evidencia xa fai tempo que queda, facéndose ver coma un gran filántropo “llegado de Indias”, mentras aproveita para facer negocio a base de estafar a catro pardillos. Sentino só pola xente que quería ver ó Rios, que se quedaron cun palmo de narices, e algún con sede de venganza...Eu houbera ido, en serio, pero levaría bocata e botellón...que cando queira prezos de cidade, voume directamente a Barcelona. E polo menos vexo a Sagrada Familia e o Barri de Gràcia.
¡Pero bueno, cómo podo ser tan desprezable! Dende logo este mundo estache cheo de desagradecidos...¿Cómo podo falar mal de quen nos achega “desinteresadamente” a cultura urbá ó medio rural? ¿Con qué dereito denosto a aquel que nos trae cada mes de agosto os “Festival Party”, as Go-Gos e os Boys máis cotizados das “Barcelona’s Nights”, os cubatas a 6 euros, as mellores actuacións musicais e incluso o caos circulatorio da mesmísima Diagonal traspasado a unha estrada da Diputación Provincial?. Si señor, somos urbans por dos dias ó ano...¡Coas grandes estrelas da TV ó alcance das nosas mans!. Lampaza’s Transfer, terían que chamarse os do “cuén-ta-me-que-te-pa-só” se por unha casualidade chegaran a ser invitados ás festas do Veiga...ai!. Xa lles gustaría. Pero iso si, para entón o Concello construiria un templete “con hermoso frontón, columnas jónicas, hermosas cariátides, bóveda de nervadura en apretado haz”, fabricado en formigón armado sin chorar o cemento, ferro de 20, incrustacións de mármol de Lóuzara e zócalo de pizarra tipo “filita roja” por suposto. A ver entón que musiquillo de merda ten bemoles para vir agora a dicir que “en este escenario no actuamos”. ¡Eh! E con iluminación a tope...sonido dixital e a madre co inventou. Todo chegará, de momento Lampazas está cada día máis preto gracias á Autoestrada do Carballal, ou como queira que se chame a nova via de comunicación. (Ainda que noutros sitios haxa que entrar con zancos).
¡Ai! ¡Como me doe este Concello! Se o Grupo Veiga ten moitos cartos, eu doulle ideas. Mire: nos anos 30, os emigrantes de Samos xuntaron cartos entre todos para facer unha fonte. A que hoxe, 70 anos despois , está na praza do pobo e reza “Los hijos de Samos en Buenos Aires”. Se temos en conta que isto foi en 1936, ten bastante máis mérito que outras demostracións de poder económico. Ademáis, a auga que bebemos nesa fonte non a cobraron os ditos “Hijos de Samos” a 6 euros o vaso para resarcirse do gasto. Outros tamén pagaron a torre do reloxo. Polo menos dá a hora, tamén de forma gratuita. E ámbolos dous son bens públicos, de tódolos samonenses. Algún dirá que os cartos de cada un gástaos como lle dá a gana. E con toda a razón. Pero polo menos non facerse ver como o excelso benefactor da plebe. Bueno, non falarei máis, que non gusta...que llo pregunten a “Os Tonechos”.
O único que nos queda é que, dentro de 25 anos, cando o Concello de Samos non teña ningún habitante (non esaxero, collede a evolución da poboación de 1910 ata 2000 e facede un cálculo aproximado en 2025), canto esté baleiro, cando só haxa toxos e restaurantes que abran as fins de semana, teremos un autobús do Inserso que nos traerá dende Sarria á “Summer Festival Party XXV ou a que sexa) a tódolos velliños que quedemos, porque en Samos tampouco haberá residencia de anciáns...hala, calei.
¡Ah! Esquecíame duna cousa...o ano pasado recomendeille ó Grupo Veiga que se fixera cun traductor de galego, tendo en conta que o “Flyer” da festa parecía a tarxeta de visita da Torre de Babel. Visto o cartel deste ano, confirmo o cambio pero o tal traductor debe de ser rumano polo menos. Encima, este ano sen presentación de disco...bicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario